Barra de ferramentas para navegadores web
As barras de ferramentas para os navegadores web están baseadas no proxecto LibX.
LibX é unha extensión que mellora o acceso ós recursos das nosas bibliotecas. A extensión permite o acceso á colección usando unha barra de búsqueda, apoia o OpenURL, interacción co Google Scholar, etc.
Instalación
- Universidade da Coruña
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade de Vigo
- Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia
Características
- Barra de busca: busca por palabra clave, título, autor, ISBN/ISSN, materia, etc. no catálogo da túa ou doutras bibliotecas ou en bases de datos de acceso libre, directamente na barra de busca ou empregando o menú contextual do botón dereito. Dependendo do recurso seleccionado ofrece estas opcións ou so palabra clave. A busca por defecto é palabra clave no catálogo da biblioteca.
- Acceso rápido ó texto completo para artígos de revista: Libx emprega Google Scholar para buscar artigos e dirixe ó usuario cara a copia electrónica subscrita polo Consorcio.Seleccione o texto, arrastre e sólteo sobre o botón de Google Scholar (á dereita da barra).
- Autolink: LibX recoñece ISBNs, ISSNs, DOIs e PubMed IDs e os enlaza co catálogo ou co xestor de OpenURL (SFX).
- Detección de Cues e COinS: Libx amosa enlaces cos iconos da institución (Cues), que redirixen ó catálogo de biblioteca en páxinas coma Amazon ou nas páxinas de resultados de Google. Se se trata de artigos amosará COinS que enlaza co xestor de enlaces do Consorcio (SFX) e amosará as diferentes alternativas para acceder ó texto completo.
- Personalización del comportamiento de Libx: Grazas a un panel de preferencias pódese variar o comportamento de Libx para adaptalo ás necesidades de cada usuario. Pódese modificar o menu contextual do botón dereito ou onde abrir a fiestra de resultados (nova ventana, nova pestaña, etc.) ou desactivar / activar o autolink, entre outras opcións.